O Concello de Laxe segue avanzando cara a un futuro máis sostible!

Hoxe recibimos oficialmente o Punto Limpo Móbil, un servizo que permitirá achegar a toda a veciñanza un espazo para depositar correctamente pequenos residuos que non deben ir ao lixo convencional. 🙌

📱💻 No Punto Limpo Móbil poderedes deixar:

Electrónica, informática e telefonía móbil

Pequenos electrodomésticos 🔌

Envases contaminados e aerosóis 🧴

Xoguetes e outros plásticos duros 🧸

O alcalde, Paco Charlín, adianta que o Punto Limpo Móbil estará unha semana completa en cada lugar do Concello, para garantir que todas e todos teñamos preto esta nova ferramenta de reciclaxe e coidado do medio ambiente 🌱

📅 En breve publicaremos o planning completo coas datas e parroquias, para que saibades cando estará preto da vosa casa.