
O obxectivo é acondicionar o firme ao tipo de vehículos que por el pasan, así como renovar a sinalización horizontal e vertical.
O alcalde, José Mauel Mato, explica a importancia de garantir «que as vías e estradas de titularidade municipal estean no mellor estado posible», e resalta que estas obras son relevantes posto que o camiño «dá acceso á AC-419, unha estrada que rexistra unha grande afluencia de tráfico».






