O conselleiro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, estiveron hoxe na Laracha para interesarse polos programas de formación para o emprego que se desenvolven co apoio da Xunta de Galicia.

Acompañados dunha ampla representación do Goberno Local, encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela, realizaron unha visita ao alumnado dun dos cursos do Programa Integrado de Emprego que se leva a cabo no Edificio Administrativo da Laracha. A continuación desprazáronse ata Caión, onde o obradoiro dual de emprego está a construír a novo posto do servizo de salvamento socorrismo.