
«O ECO DAS PEDRAS» chega á Biblioteca Municipal de Coristanco. Este vindeiro venres, convidámosvos a un espectáculo no que, a través das narracións, obxectos e proxeccións, achegarémonos ao noso patrimonio e mitoloxía galega.
Venres, 31 de outubro ás 11:30h
Biblioteca Municipal de Coristanco
Actividade dirixida a público familiar e a nenas e nenos a partir de 5 anos.
Un espectáculo que nos invita a escoitar ás pedras, a descubrir os petroglifos e a revivir os contos e lendas que nos fixeron como somos.
Inscrición previa necesaria:
981 733 280
Biblioteca Municipal de Coristanco
Un encontro para mergullarse no noso patrimonio, escoitar ás mouras e trasnos, e viaxar a través das historias que seguen vivas nas pedras.