O Mercado de San Ramón volve ás Torres do Allo cunha xornada de artesanía, música e tradición

O vindeiro domingo 31 de agosto, as Torres do Allo acollerán unha nova edición do Mercado de San Ramón, unha cita que encherá o histórico recinto de creatividade e cultura popular. O evento, organizado polo Concello de Zas coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolverase de 11:00 a 19:00 horas e reunirá artesáns, músicos e público de todas as idades nun ambiente único.

O Mercado de Artesanía ofrecerá aos visitantes a oportunidade de coñecer e adquirir pezas únicas de artesanía, así como de participar en actividades pensadas para toda a familia. Entre as propostas, destacan a demostración de fabricación de pandeiros e o obradoiro de modelado de barro. Este último terá lugar ás 12:00 horas (con inscrición previa no 981 718 056).

A música tamén terá un papel protagonista. Ás 14:30 horas actuará Unto Vello, e ás 18:00 horas será a quenda de Cé Orquestra Pantasma, que previamente, ás 17:00 horas, dirixirá un obradoiro sonoro.

Con este programa, o Mercado de San Ramón consolídase como unha das citas imprescindibles do verán na comarca, combinando artesanía, música en directo e actividades participativas nun entorno patrimonial de gran valor.