
Alberto Romar alcalde de Santa Comba non deixa de sorprendernos nas redes sociaís co seu estilo peculiar de facer política, publica nas redes todas ou case todas as obras do Concello de Santa Comba e decimos Case todas porque olvidouse de mencionar a subvención de 210.000€ rexeitada polo concello para ampliar a gardería de Santa Comba.
A política pasa factura e este home xa e a 2º vez que equivocase , a primeira foi cunha obra en Santa Catalina que demostróu o amiguismo que hai dentro do concello, e a 2º é a ampliación descrita anteriormente.
A obra na que rexeitou os 210.000€ para a Gardería era para crear 2 aulas novas e a ampliación do comedor e deixabase un aula para solicitar unha ampliación dunha sexta unidade no futuro.
Unha subvención heredada do goberno de Maria Pose no 2023, el Concello tiña que poñer 124.075€ xa aprobados no presuposto dese ano e a Xunta de Galicia aportaba 213774,40€.
No mes de abril do 2024 Alberto Romar RENUNCIOU a subvención concedida e a proposito non aportou os 124.035 € que tiña que aportar o concello no presuposto do 2024.
Romar este ano 25 non fixo os presupuestos xa que sigue cun presuposto prorrogado. Realmente o que fixo no 2024 foi:
. Axustar as plazas de Concelleiros e os seus soldos.
. Eliminar a partida da Gardería e decir que non hai partida.
Para o que si houbo partida no 2024 foi para os 238.220€ que perciben o alcalde e concelleiros de Santa Comba.
124.035€ Era un gasto moi grande para o Concello pero os soldos non poden faltar, a magoa é que este ano 15 nenos quedaron sen plazas na gardería porque non habia prazas.