O Partido Popular de Camariñas notifica ao Concello unha avaría de auga na zona do Castillo

O Partido Popular de Camariñas notificou ao Concello a existencia dunha avaría na rede de abastecemento de auga na zona do Castillo, co obxectivo de que os servizos municipais poidan comprobar a situación e actuar canto antes.

Desde o PP de Camariñas sinalan a importancia de atender esta incidencia para evitar o desperdicio de auga e posibles molestias aos veciños e veciñas da zona.

A formación popular agarda que o Concello proceda á revisión e reparación da avaría coa maior brevidade posible, garantindo así o correcto funcionamento da rede de abastecemento.