O Partido Popular de Dodro denuncia o mal estado das beirarrúas en Imo

O PP de Dodro alerta do estado “intransitable” das beirarrúas de Imo e reclama ao Concello unha actuación para garantir a seguridade dos peóns.

O Partido Popular de Dodro denuncia o estado no que se atopan as beirarrúas da parroquia de Imo, que, segundo sinala a formación, presentan importantes dificultades para o tránsito peonil.

Desde o PP aseguran que a situación obriga mesmo a algúns veciños a utilizar a estrada para desprazarse ante o risco de sufrir unha caída nas beirarrúas.

Teño que vir por aquí todos os días e vou pola carretera porque teño medo a caer”, explicaba unha veciña, segundo recolle a denuncia dos populares.

A formación política considera especialmente preocupante o estado destas zonas de paso nun momento no que comezan as festas de Imo, debido ao incremento previsto do tránsito de persoas pola zona.

“E menos mal que hoxe empezan as festas e ‘suponse’ que algo limparon”, sinalan desde o Partido Popular, que cuestiona así o mantemento realizado e reclama unha solución definitiva ao problema.

O PP de Dodro pide ao goberno municipal que actúe para mellorar a limpeza, o mantemento e a accesibilidade das beirarrúas, co obxectivo de que os veciños poidan desprazarse con seguridade e sen ter que recorrer á calzada.