
Abraham Porteiro volveu deixar a súa pegada no Autocrós de Rianxo, protagonizando unha actuación que xa forma parte da historia desta disciplina.
Con tan só 17 anos e apenas tres carreiras disputadas, o novo piloto de Coristanco conseguiu unha merecida sexta posición, demostrando un talento natural e unha madurez ao volante que auguran un futuro prometedor.
A súa saída foi simplemente espectacular, ao nivel dun profesional experimentado, e deixou claro que ten madeira de campión.
Pola súa banda, o seu inseparable compañeiro e amigo José Martínez Rega terminou en sétima posición debido a un problema nun pneumático, unha auténtica mágoa, xa que mostrara un rendemento brillante durante toda a xornada e apuntaba a acabar entre os catro primeiros.
Sen dúbida, o autocrós galego pode presumir de contar con novas promesas que están a dar moito de que falar.
Video da Saida
