QUEIXAS EN BETANZOS POLA RETIRADA E DESTRUCIÓN DE COMEDEROS NUNHA COLONIA FELINA

A situación dunha colonia felina en Betanzos foi posta en coñecemento da Garda Civil, da Policía Local e do Concello, segundo trasladan as persoas que denuncian os feitos.

As queixas xorden pola retirada, posible roubo ou destrución dos comedeiros destinados á alimentación dos gatos comunitarios, unhas instalacións necesarias para garantir o coidado e a atención destes animais.

As persoas responsables da denuncia lembran que a Lei 7/2023, do 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais, recolle no seu artigo 41 as obrigas relacionadas coa xestión das colonias felinas e a protección dos espazos destinados á súa atención.

Neste sentido, reclaman respecto polos comedeiros e polos demais elementos habilitados para garantir a alimentación e o refuxio dos gatos, e consideran que este tipo de actuacións dificultan o labor das persoas que se encargan do coidado diario da colonia.

A situación xa foi comunicada ás autoridades competentes, polo que as persoas denunciantes esperan que se adopten as medidas necesarias para evitar que estes feitos volvan repetirse e garantir a protección dos animais.