
Onte no salón de plenos do Concello de Carballo non fixo falla votar para decidir, por unanimidade, que Evencio Ferrero foi un gran alcalde para o pobo e un modelo a seguir para todos os membros da corporación municipal. Aquí tedes algunhas das moitísimas imaxes que nos deixou esta sesión histórica para o noso concello.










