
Un veleiro de 14 metros, denominado Gostglory, emitiu un aviso de emerxencia ao sufrir unha avaría no motor mentres se atopaba a 1,6 millas de Punta Nariga, con un único tripulante a bordo. O Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo (CCS) de Fisterra mobilizou de inmediato a Salvamar Altair, que acudíu á zona e procedeu a dar remolque á embarcación ata o porto de Camariñas, onde chegou sen máis incidencias.