Santiago acollerá o 17 de setembro unha xornada sobre intelixencia artificial e innovación dixital

O evento, organizado por DATAlife, reunirá no Lux Events Center institucións, empresas e expertos para analizar as últimas tendencias da IA en Galicia

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026. – Santiago de Compostela converterase este xoves, 17 de setembro, nun punto de encontro para profesionais, empresas, institucións e expertos vinculados á intelixencia artificial e á innovación dixital. A xornada, organizada por DATAlife, hub europeo de innovación dixital de Galicia, celebrarase no Lux Events Center entre as 09:00 e as 17:45 horas.

Ao longo do encontro presentaranse demostradores tecnolóxicos, casos de éxito e novas aplicacións da intelixencia artificial, con especial atención ás tendencias e iniciativas que se están a desenvolver en Galicia.

A xornada contará coa participación de representantes do ámbito institucional e empresarial. Entre os relatores xa confirmados figuran Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa de Santiago de Compostela; Covadonga Toca, directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) da Xunta de Galicia; e José Manuel García, socio director de Plexus S.L. e presidente do CSG.

O encontro permitirá coñecer de primeira man diferentes proxectos e solucións tecnolóxicas, así como compartir experiencias sobre o papel que a intelixencia artificial está a desempeñar na transformación dixital do tecido produtivo galego.

A organización avanzará nos próximos días novos nomes e a programación completa da xornada.

O evento terá ademais acceso para os medios de comunicación, que poderán coñecer os principais proxectos e demostradores presentados durante o encontro.

Evento: GALIA TECH
Data: Xoves, 17 de setembro de 2026
Horario: 09:00 – 17:45 horas
Lugar: Lux Events Center, Santiago de Compostela
Organiza: DATAlife