
A formación critica a colocación de catro colectores de lixo que obrigan a prohibir o estacionamento e pide ao Concello que os reubique.
UCIN Boiro denuncia o que considera un novo despropósito na estrada AC-305, ao seu paso por Cimadevila, onde a instalación de catro colectores de lixo provocou a eliminación temporal de cinco prazas de aparcamento.
Desde a formación consideran incomprensible que se inutilice un espazo de estacionamento necesario para as veciñas e os veciños, así como para os comercios da zona, cando, segundo sinalan, existen alternativas para colocar os colectores sen reducir as prazas dispoñibles.
A situación, sinalan, obrigou a instalar valados e un sinal de prohibido aparcar, impedindo temporalmente o uso dun espazo que consideran importante para a mobilidade e a actividade comercial da contorna.
Por este motivo, UCIN Boiro esixe ao goberno local que busque unha localización alternativa para os colectores e proceda á súa reubicación, co obxectivo de evitar prexuízos innecesarios á cidadanía e aos negocios da zona.
A formación reclama así unha solución que permita garantir a correcta xestión dos residuos sen sacrificar prazas de aparcamento que consideran necesarias para a vida diaria de Cimadevila.
UCIN Boiro insiste en que unha planificación adecuada debe permitir compatibilizar a recollida do lixo coas necesidades de estacionamento da veciñanza.
