
Unha dotación do parque de Bombeiros de Ribeira tivo que intervir onte, arredor das 23.00 horas, tras recibir un aviso por un incidente no lugar do Maño, no municipio da Pobra do Caramiñal.
Segundo informaron os bombeiros, un poste caera sobre a estrada, polo que foi necesaria a intervención dos efectivos para actuar na zona e garantir a seguridade viaria.
A dotación de garda desprazouse ata o lugar tras recibir a solicitude de intervención.
