
A presenza, cada vez máis frecuente, de Xabarís nas contornas urbanas da Costa da Morte volve a abrir o debate sobre como controlar e regular a esta especie, que tamén é progresivamente máis numerosa.
A esta proliferación de Xabarís súmase o factor da seca, que xerou unha consecuente falta de auga e alimento, polo que estes animais están a desprazarse os pobos en busca de «alimento fácil». Nos Pobos, estes animais conseguen compensar a falta de alimento asaltando contedores de lixo, buscando zonas de regadío e aspersores.