
Unha persoa resultou ferida este martes tras sufrir unha caída de moto mentres circulaba pola rúa Vázquez de Parga, en Carballo, á altura do cruzamento coas rúas Anxel Fole, Doutor Fleming e Valle Inclán.
O accidente produciuse arredor das cinco da tarde. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local de Carballo para atender a incidencia.
O 112 Galicia tamén mobilizou o 061, Protección Civil e os bombeiros, que recibiron o aviso para desprazarse ata o punto do accidente.
Polo momento, non transcenderon máis datos sobre o estado da persoa ferida nin sobre as circunstancias concretas nas que se produciu a caída.
