

Os residentes aseguran que o concello , comprometérase a realizar os traballos de limpeza, pero denuncian que non se presentou nadie. Tamén reclaman solucións para tres puntos de luz que permanecen apagados.
Os veciños da zona do Ventorrillo, en Malpica de Bergantiños, amosan o seu malestar pola falta de atención a varias necesidades que, segundo denuncian, levan tempo agardando por unha solución.
Unha das principais queixas está relacionada co estado dunha pista da zona, Unha pista sen saída do Ventorrillo, onde os residentes aseguran que se comprometeran a acudir para realizar os traballos de desbroce e limpeza da vexetación.
Porén, segundo trasladan os afectados, o responsable municipal non se presentou para levar a cabo os traballos, unha situación que xerou malestar entre os veciños, que consideran necesario manter a vía en condicións adecuadas.
Pero as reclamacións non rematan aí. Os residentes tamén denuncian que hai tres farolas sen funcionar, deixando varios puntos da zona sen a iluminación pública necesaria.
Os afectados piden ao Concello de Malpica de Bergantiños que tome nota destas demandas e que se poñan en marcha as actuacións necesarias para solucionar os problemas canto antes.
Os veciños reclaman, en definitiva, que os compromisos adquiridos se convertan en feitos e que se preste atención ás necesidades básicas das distintas zonas do municipio.
