
Veciños de Valdoviño amosaron o seu malestar polo estado dunha cuneta tras unha actuación que atribúen ao Concello de Valdoviño e á Deputación da Coruña, ambas as dúas institucións gobernadas polo PSOE.
A través dunha publicación nas redes sociais, un residente critica o resultado dos traballos realizados e denuncia a acumulación de sucidade e restos na zona. A súa indignación levouno mesmo a retirar os residuos e depositalos no medio da estrada, nun xesto de protesta polo que considera unha actuación deficiente.
«A cuneta xa a limpei eu de vez en cando. Aínda que quen a fixo foi o Concello de Valdoviño, a merda xa a deixei no medio da estrada. Vide por ela cando queirades e levádea para casa», expresa na súa publicación.
A queixa reflicte o malestar do veciño coa situación e cuestiona o resultado dos traballos de mantemento e limpeza, reclamando unha solución para evitar que este tipo de problemas se repitan.
