Villaverde representará ás comunidades autónomas no Consello de Ministros de Pesca da UE en Luxemburgo

20260929 Bruselas – La conselleira do Mar, Marta Villaverde, participa en el Consejo de Agricultura. © Pablo Garrigós/EFE

A reunión abordará as posibilidades de pesca no mar Báltico para 2027, a simplificación da normativa pesqueira e a preparación da próxima reunión da ICCAT.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2026.– A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participará mañá, luns, no Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea (Agrifish), que terá lugar en Luxemburgo, en representación das comunidades autónomas.

Entre os principais asuntos que se abordarán durante a xornada figuran as posibilidades de pesca no mar Báltico para 2027 e a modificación da súa regulación. A reunión tamén servirá para avanzar na preparación do próximo encontro da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), previsto para o mes de novembro.

A orde do día inclúe, ademais, a presentación do informe anual da Comisión Europea sobre a simplificación, aplicación e cumprimento da normativa pesqueira, así como a prórroga ata 2027 dos continxentes arancelarios autónomos para determinados produtos pesqueiros.

Esta última medida está destinada a facilitar o abastecemento de materias primas á industria transformadora comunitaria, favorecendo o acceso a determinados produtos pesqueiros necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.

A participación de Villaverde no Consello Agrifish permitirá trasladar a posición das comunidades autónomas nos asuntos incluídos na axenda europea en materia pesqueira.