
O GALP Costa da Morte pon en marcha o proxecto “Mar e Ría: Pesca & Turismo”, unha iniciativa que busca impulsar novas oportunidades de futuro nas nosas comunidades mariñeiras a través do emprendemento e do turismo pesqueiro ![]()
![]()
![]()
Dentro deste proxecto organizarase unha Xornada de Emprendemento Pesca & Turismo, pensada como unha ferramenta práctica para descubrir novas ideas de negocio vinculadas ao mar e ao turismo mariñeiro.
![]()
Se es mariñeiro/a, mariscador/a ou formas parte do noso sector do mar, esta xornada é para ti! Anímate a participar e coñecer como podes transformar a túa experiencia profesional nunha oportunidade turística ![]()
![]()
Lugar: Museo do Mar de Laxe
Data: Martes, 25 de novembro
Horario: 17:30h – 19:00h
Prazas limitadas!
Inscríbete no 981 70 73 78
Ou no correo: galp.mar.costadamorte@xunta.gal