𝐅𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞𝐧 𝐚𝐠𝐫𝐨𝐞𝐜𝐨𝐥𝐨𝐱𝐢́𝐚 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫

O 🏫 CPI San Vicente da Baña acolle o 📅 𝟗 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥, de ⏰ 𝟏𝟕.𝟎𝟎 𝐚 𝟏𝟗.𝟑𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬, unha 🌾 𝐬𝐞𝐬𝐢𝐨́𝐧 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐬𝐨𝐛𝐫𝐞 𝐚𝐠𝐫𝐨𝐞𝐜𝐨𝐥𝐨𝐱𝐢́𝐚 𝐞𝐬𝐜𝐨𝐥𝐚𝐫, dirixida ás 𝐜𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬 interesadas en incorporar prácticas sostibles e de educación ambiental nos centros.

A xornada contará coa participación de 👨‍🌾 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐚́𝐧 𝐋𝐥𝐞𝐫𝐞𝐧𝐚 𝐝𝐞𝐥 𝐂𝐚𝐬𝐭𝐢𝐥𝐥𝐨, da Xarxa de Consum Solidari, recoñecido como un dos precursores da agroecoloxía escolar a nivel estatal.

👨‍🌾 Esta actividade forma parte dun programa formativo máis amplo sobre agroecoloxía e ecocidadanía global que busca achegar ferramentas e experiencias para avanzar cara a modelos educativos máis sostibles e comprometidos co territorio.

🌍 A iniciativa está impulsada por Manos Unidas, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, no marco dun proxecto de educación para o desenvolvemento e cidadanía global apoiado pola Cooperación Galega.