𝐌𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐧𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐚 𝐩𝐫𝐨𝐯𝐢𝐧𝐜𝐢𝐚𝐥 𝐃𝐏-𝟎𝟕𝟎𝟐

O Concello da Baña informou do inicio das obras de mellora do firme na estrada provincial DP-0702, tras a solicitude realizada ante a Deputación da Coruña.

Esta vía conecta as localidades de Seilán e Lañas, e será obxecto de diversas actuacións orientadas á súa posta en valor.

Os traballos inclúen a mellora do firme, o pintado da sinalización horizontal e a limpeza de cunetas. Estas intervencións permitirán incrementar a seguridade viaria e mellorar o estado xeral da estrada, favorecendo unha circulación máis cómoda e segura para a veciñanza.