𝐂𝐚𝐭𝐫𝐨 𝐟𝐞𝐫𝐢𝐝𝐨𝐬 𝐧𝐮𝐧 𝐚𝐜𝐜𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐞𝐧 𝐍𝐞𝐠𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚

Un aparatoso accidente de tráfico rexistrado na tarde deste xoves en Negreira saldouse con catro persoas feridas, entre elas dous menores de idade. O sinistro produciuse arredor das 19:30 horas na estrada provincial DP-5602, á altura da zona da A Ponte Negreira.

Segundo informaron os servizos de emerxencias, no accidente víronse implicados dous vehículos. Como consecuencia do forte impacto, un deles acabou precipitándose ao río Barcala.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Brión e dos Bombeiros de Santa Comba, así como medios sanitarios do 061. Incluso foi mobilizado o helicóptero medicalizado H3, que trasladou ao condutor do vehículo que caeu ao río.

No coche sinistrado viaxaba un pai cos seus dous fillos menores, que foron rescatados sans por tres veciños que actuaron con rapidez tras o accidente. Posteriormente, os menores foron trasladados a un centro sanitario en ambulancia para a súa avaliación.

A cuarta persoa ferida é a condutora do outro vehículo implicado, que tamén foi evacuada en ambulancia.

As autoridades investigan agora as causas do accidente, mentres que os servizos de emerxencia destacaron a rápida intervención cidadá, clave para garantir a seguridade dos menores.