
Os Veciños de Buño volven queixarse da inanición política do equipo de goberno de Malpica de Bergantiños comandado por Eduardo Parga, Buño é un pobo que día a día se esta morrendo e os políticos non están a facer nada ao respecto. Primeiro foi o centro de día , despois a reclamación dun caixeiro automático para facilitar a vida á xente , mais adiante o camiño da Camposa e agora esta queixa. Coméntanos un veciño da localidade que non saben onde van os seus impostos e visto o visto, nós tampouco o sabemos.










