O Concello de Laxe participa nunha xornada de divulgación sobre a eclipse en Caión

O alcalde de Laxe, Paco Charlín, e a concelleira de Cultura e Turismo, Raquel, participaron onte en Caión nunha xornada de divulgación dedicada ao fenómeno da eclipse, organizada pola CMAT.

A sesión desenvolveuse nun ambiente de interese e participación, e estivo centrada na importancia de preparar o territorio ante un acontecemento astronómico de especial relevancia para a Costa da Morte. Durante o encontro púxose en valor o potencial deste tipo de fenómenos como oportunidade para a divulgación científica e a promoción turística da zona.

Dende o Concello de Laxe agradeceuse á organización a posta en marcha desta iniciativa, así como o labor realizado para achegar actividades formativas e divulgativas á veciñanza.

O goberno local destacou ademais a súa aposta continuada pola promoción do territorio a través de propostas que combinan ciencia, turismo e cultura, reforzando así a identidade e o atractivo da comarca.