
O vindeiro luns 15 de xuño dará comezo a serie de presentacións do libro gastronómico “Cociña do mar”, do autor Juan Bautista Mato Castro, nun acto que combinará literatura, gastronomía e música.
Esta primeira cita está organizada pola Fundación Eduardo Pondal e promovida polo Concello de Ponteceso, contando coa colaboración da Asociación Cultural Campo do Río. O evento celebrarase ás 20.00 horas no local Campo da Escola de Anllóns.
A presentación estará conducida por Icía e Xosé Manuel Varela e incluirá, ademais, un obradoiro de cociña no que os asistentes poderán achegarse ás propostas culinarias do libro.
Como peche da xornada, o público poderá gozar dunha actuación musical a cargo de Icía Varela e Haruna Chatani, nunha proposta que busca unir cultura gastronómica e música nun mesmo espazo.