Veciñanza de Arteixo denuncia deficiencias en paseos e rúas de Arteixo e parroquias

Veciños e veciñas do municipio de Arteixo expresan o seu malestar polo estado de varias zonas peonís, especialmente no paseo situado detrás do Eroski e en distintas rúas .

Segundo as queixas recollidas, o paseo conta con pontes de madeira e un entorno axeitado para camiñar, pero presenta unha importante carencia de iluminación pública. A veciñanza sinala que non hai farois suficientes, o que fai que sexa “intransitable a partir das 21:00 no verán e practicamente inutilizable no inverno”, xerando sensación de inseguridade para quen quere pasear ao caer a noite.

Ademais, en Pastoriza denúncianse outras deficiencias urbanas: falta de papeleiras e bancos, beirarrúas levantadas e en mal estado, así como obstáculos provocados por escaleiras de vivendas que invaden o espazo peonil. Algunhas destas estruturas, segundo indican os residentes, estreitan ou dificultan o paso, chegando a provocar tropezos e caídas.

Un dos puntos máis criticados atópase preto da farmacia da zona, onde se menciona unha rampla e escaleiras que sobresalen cara á beirarrúa, creando unha situación perigosa para peóns, especialmente persoas maiores.

A veciñanza reclama unha revisión urxente destas deficiencias e pide actuacións municipais para mellorar a seguridade, a accesibilidade e o mantemento das zonas públicas.