Un mural para lembrar ás nosas redeiras, loitadoras do mar

Xa loce na fachada do Concello un novo mural que rende homenaxe ás redeiras de Laxe, mulleres valentes que teceron redes e futuro para toda a vila. 🌊🧵

Este proxecto foi posible grazas a unha subvención do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e naceu cun obxectivo claro: poñer en valor o papel fundamental das mulleres na nosa historia e na nosa identidade como vila mariñeira.

O alcalde, Paco Charlín, tivo claro desde o primeiro momento que esta era a mellor maneira de investir eses fondos: lembrando ás nosas redeiras, herdeiras dunha tradición de traballo, esforzo e dignidade, que tantas veces quedou invisibilizada.