Alternativa Enxebre denuncia a ocupación da única beirarrúa en Chamín e reclama actuacións urxentes para garantir a seguridade peonil

Alternativa Enxebre denuncia a situación que se está a producir na localidade de Chamín, onde a ocupación da única beirarrúa existente nun tramo da estrada está obrigando ás persoas peóns a invadir a calzada para continuar o seu percorrido, incrementando o risco para a súa seguridade.

Arteixo, 26 de xuño de 2026.

A concelleira Noelia Martínez Canosa denuncia a situación que se está a producir en Chamín, onde a ocupación da única beirarrúa existente nun tramo da estrada está obrigando ás persoas peóns a invadir a calzada para poder continuar o seu percorrido.

Segundo explica a edil, trátase dunha problemática que lle foi trasladada por numerosos veciños e veciñas, preocupados polo risco que supón ter que camiñar pola estrada nun punto que xa foi denunciado en varias ocasións pola súa perigosidade.

«Levamos tempo advertindo da necesidade de mellorar a seguridade viaria neste tramo. O que non pode ocorrer é que, ademais da perigosidade propia da estrada, os peóns teñan que baixar á calzada porque a única beirarrúa está ocupada», sinala Noelia Martínez Canosa.

A concelleira lembra que, tal e como pode apreciarse nas imaxes, a beirarrúa atópase ocupada por unha estrutura situada diante dun establecemento, utilizada ademais para exhibir mensaxes de confrontación política, á que se suma habitualmente a presenza de vehículos estacionados diante do local, dificultando aínda máis o paso das persoas.

«Non estamos aquí para falar do contido desas mensaxes. O realmente grave é que esa ocupación impida o paso normal dos peóns e obrigue aos veciños e veciñas a camiñar pola estrada, poñendo en risco a súa integridade física», afirma.

Por este motivo, Noelia Martínez Canosa solicita ao Concello de Arteixo e á Deputación da Coruña que informen publicamente se esta ocupación do dominio público conta coa preceptiva autorización administrativa, quen a concedeu, en que condicións e se se está a cumprir a normativa vixente. No caso de que non exista autorización ou non se estean respectando as condicións establecidas, reclama que se adopten de inmediato as medidas necesarias para restablecer o libre e seguro paso das persoas.

A edil considera tamén especialmente preocupante que esta situación continúe sen resolverse cando o alcalde de Arteixo é tamén deputado provincial.

«Espero que esa dobre responsabilidade institucional sirva para resolver este problema canto antes. Ningún veciño debería xogar coa súa seguridade simplemente por intentar utilizar unha beirarrúa»,