
O Concello da Baña continúa avanzando nos traballos de acondicionamento e mantemento dos espazos públicos do municipio co obxectivo de garantir que a veciñanza poida desfrutar dunhas instalacións limpas, seguras e en bo estado.
A brigada municipal de obras desenvolve de maneira continua actuacións en diferentes puntos do concello, centrando nesta ocasión os seus esforzos na mellora de espazos públicos, áreas recreativas e contornas de locais sociais. Estes traballos forman parte do plan de conservación e mantemento ordinario que permite conservar en óptimas condicións as zonas de uso común.
As intervencións inclúen labores de limpeza, roza da vexetación, mantemento e pequenas actuacións de reparación e acondicionamento, tarefas imprescindibles para mellorar a imaxe do municipio, favorecer a seguridade e facer máis agradables os espazos de encontro e lecer da veciñanza.
Desde o Concello destacan a importancia deste labor diario, que contribúe a preservar o patrimonio público e a ofrecer uns servizos de maior calidade aos veciños e veciñas da Baña.
As imaxes que acompañan esta información amosan o resultado das últimas actuacións realizadas pola brigada municipal, reflectindo o compromiso do Concello co coidado, a conservación e a mellora continua dos espazos públicos do municipio.


