Tráfico intensifica os controis na Costa da Morte: radar detectado en Canduas

A Dirección Xeral de Tráfico continúa reforzando os controis de velocidade nas estradas da Costa da Morte. Segundo información compartida por condutores da zona, un radar foi situado este venres en Canduas (Cabana de Bergantiños), na baixada cara a Borneiro, á altura da zona da Agra.

De acordo cos avisos recibidos, o dispositivo estaría colocado nun tramo limitado a 50 km/h e permanecería oculto detrás dunha caravana estacionada, polo que podería pasar desapercibido para os vehículos que circulan pola vía.

Lémbrase aos condutores a importancia de respectar os límites de velocidade e extremar a precaución, especialmente nas travesías e zonas con maior presenza de vivendas ou peóns. Máis aló da localización puntual dos controis, a mellor forma de evitar sancións é manter unha condución responsable e adaptada ás condicións da estrada.