
Faro da Costa continúa consolidándose como un dos medios dixitais de referencia grazas ao apoio da súa audiencia. Durante o último mes, o medio rexistrou 120.759 espectadores, pechando o período cun incremento do 28,9 % nas visualizacións das redes sociais respecto ao mes anterior.
En total, os contidos publicados acadaron 917.458 visualizacións, unha cifra que sitúa a Faro da Costa ás portas de superar o millón de visualizacións mensuais, un fito que reflicte o constante crecemento do proxecto.
A estes datos súmanse os 71.196 visitantes que accederon directamente á páxina web, confirmando a confianza dos lectores e o interese crecente pola información de proximidade e a actualidade que ofrece o medio.

Desde Faro da Costa queremos agradecer a cada unha das persoas que nos ledes, compartides e seguides cada día. O voso apoio é o que nos impulsa a continuar medrando e a traballar para ofrecer un xornalismo cada vez máis próximo, rigoroso e comprometido coa nosa terra.
Grazas por formar parte deste camiño. Seguimos medrando xuntos.