Solucionados os desperfectos na rúa Sinforiano López tras a denuncia pública de Alternativa Enxebre

Os traballos para reparar os desperfectos existentes na rúa Sinforiano López xa están en marcha. O Concello iniciou as actuacións o pasado venres pola tarde, dando resposta a unha situación que fora denunciada publicamente por Alternativa Enxebre.

Desde a formación destacan que esta actuación demostra a importancia de exercer unha oposición útil, baseada na escoita da veciñanza, na detección dos problemas e no seu seguimento constante ata conseguir solucións. Segundo sinalan, a reparación desta vía é unha mostra de que o traballo serio e a denuncia responsable poden traducirse en melloras reais para o municipio.

Alternativa Enxebre subliña que continuará desenvolvendo unha labor de fiscalización da acción municipal e trasladando ás administracións competentes todas aquelas incidencias que afecten á seguridade, á mobilidade e á calidade de vida da veciñanza.

A formación reafirma así o seu compromiso de seguir defendendo os intereses dos veciños e veciñas, facendo un seguimento permanente das demandas cidadás e traballando para que as súas reclamacións teñan unha resposta efectiva por parte do Concello.