
Veciños do Concello da Laracha denuncian a presenza de numerosas ratas no Parque dos Nenos, situado xunto ao Centro Médico. Segundo afirman, os roedores móvense en manadas, xerando preocupación entre as familias que utilizan a zona de lecer e os viandantes.
Os residentes consideran que esta situación evidencia unha falta de control das pragas por parte do Concello e reclaman unha actuación urxente para eliminar o problema e garantir a salubridade e a seguridade deste espazo público.
Os veciños piden ao Concello da Laracha que adopte medidas inmediatas de desratización e mantemento para evitar que a situación continúe agravándose.