
O Concello de Laxe tivo o pracer de acoller a actuación de Ceibarimas, un espectáculo cheo de talento, ritmo e moita emoción!
Desde o Concello de Laxe agradecen de corazón ás persoas artistas pola súa entrega e creatividade, así como a todas as persoas que fan posible que eventos coma este se leven a cabo .
Laxe sigue apostando pola mocidade, pola cultura e pola nosa lingua. Porque a cultura vive cando a compartimos!