
A Ponte do Porto acollerá este sábado, 1 de agosto, unha nova edición da Festa do Caldo de Riola, unha cita gastronómica e festiva pensada para desfrutar da tradición e da boa música.
A partir das 20:00 horas, as persoas asistentes poderán degustar o tradicional caldo de Riola mentres gozan de actuacións de música en directo, nun ambiente de convivencia e celebración.
A organización anima a toda a veciñanza e visitantes a achegarse ata a Ponte do Porto para compartir unha noite de festa, gastronomía e diversión.