Veciños do Lugar da Igrexa, en Carballo, reclaman a limpeza da maleza

Os veciños do Lugar da Igrexa, en Carballo, amosan o seu malestar polo estado de abandono que presenta parte da zona debido á acumulación de maleza.

Segundo explican, tras solicitar unha limpeza, os traballos realizados quedaron incompletos. «Viñeron limpar, pero só actuaron ata onde remata o paseo en dirección ao Carrefour», sinalan os residentes, que aseguran que o resto da zona continúa sen limpar.

As fotografías facilitadas polos veciños mostran a presenza de abundante vexetación e maleza nos tramos que quedaron sen atender, unha situación que consideran preocupante tanto pola imaxe da zona como polo mantemento e a seguridade do espazo.

Os residentes reclaman que se complete a limpeza e que se revise todo o percorrido, para evitar que determinadas partes queden esquecidas tras as actuacións.