COGAMI visita as novas zonas de sombra accesibles instaladas nas praias de Carballo

O vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo, acompañado polo coordinador do servizo de Accesibilidade, Álvaro García, visitaron as novas zonas de sombra accesibles instaladas nas praias de Razo e A Pedra do Sal do concello de Carballo.

O alcalde, Daniel Pérez, e o concelleiro delegado de Obras, Luís Lamas, convidaron a COGAMI para que se comprobara en primeira persoa as novas infraestruturas deseñadas para que persoas con mobilidade reducida poidan gozar da praia con confort e protexidas do sol directo. Dende a Organización púxose en valor as melloras que se están a acometer nos municipios para mellorar a accesibilidade das praias, ao tempo que se trasladou algunhas propostas de mellora, das que tomaron nota o Alcalde e o Concelleiro.

Dende COGAMI valórase positivamente que os concellos estean sensibilizados coa accesibilidade universal porque mellora a participación de todas as persoas en todos os ámbitos, sendo o lecer tan importante como o resto.