Accidente con persoas atrapadas na AC-300 entre Brión e A Picaraña

Na tarde deste xoves produciuse un accidente de tráfico na estrada AC-300, no tramo comprendido entre Brión e A Picaraña, no que varias persoas quedaron atrapadas no interior dos vehículos implicados.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Brión e dos Bombeiros de Santa Comba, que realizaron as labores de rescate. Finalmente, as vítimas puideron ser liberadas sen necesidade de empregar material de excarceración.

No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico, persoal sanitario do 061 e o servizo de mantemento de estradas, que traballaron na atención aos afectados, na regulación da circulación e na limpeza da vía.

Polo momento non transcenderon máis datos sobre o número de persoas implicadas nin sobre o estado das vítimas.

Foto e información: GES Brión.