
Se pasastes hoxe polo porto de Corme, seguro que vistes unha embarcación que vos chamou a atención.
É, nin máis ni menos, que o Patache Juanita Larango, unha embarcación tradicional reconstruída no museo-asteleiro de Albaola en Pasaia.
Estará con nós esta fin de semana, participando no 250 anos da expedición da Sonora, pilotada polo mariñeiro cormelán Francisco Mourelle.
E o mellor de todo: hoxe, de 17:00 a 18:30 horas poderedes subirvos a bordo desta embarcación histórica totalmente de balde.