A Piscina Municipal de Coristanco xa esta operativa

A instalación abre as súas portas ao público de luns a domingo, de 15:00 a 20:30 horas.

 Por razóns de seguridade e normativa vixente, o aforo máximo da instalación está fixado en 192 persoas. Este límite é imprescindible para garantir o benestar de todas as persoas usuarias e o correcto funcionamento do servizo.

 Dende o Concello trasladan a seguinte opinión: Sabemos que nos días de máis calor pode haber momentos nos que se acade o aforo completo e algunhas persoas teñan que agardar. Pedímosvos comprensión: esta medida existe para protexer a vosa seguridade.