
Fuente Vixia Galicia
Un incendio forestal permanece activo en Moaña, no Morrazo, despois de ser detectado na zona de Meira, nas proximidades do corredor do Morrazo.
A columna de fume é visible desde distintos puntos da ría de Vigo, xerando preocupación entre os veciños da comarca.
Os servizos de emerxencias traballan na zona para controlar e extinguir as lapas. Recoméndase extremar a precaución e seguir as indicacións oficiais mentres evoluciona a situación.