Continúan os traballos de conservación e mellora das pistas na Baña

A brigada de obras do Concello da Baña continúa estes días realizando traballos de conservación e mellora en diferentes puntos do municipio, co obxectivo de manter en boas condicións as pistas e camiños e facilitar unhas mellores condicións de tránsito.

Entre as actuacións que se están levando a cabo atópanse o roza da vexetación, a limpeza das marxes e o acondicionamento dos accesos, tarefas fundamentais para garantir a seguridade e a conservación das vías municipais.

O Concello comparte algunhas imaxes destes novos traballos, que forman parte das labores habituais de mantemento que a brigada municipal desenvolve ao longo de todo o ano nas distintas parroquias da Baña.

Estas actuacións permiten mellorar progresivamente a rede viaria municipal e contribuír ao coidado e posta en valor do noso rural.