8 Mozos de A Laracha van de intercambio a Tiflis Capital de Xeorxia

Este grupo de oito mozos da Laracha están a vivir unha experiencia única en Tiflis, a capital de Xeorxia, grazas ao intercambio xuvenil organizado polo Concello en colaboración co Centro de Lengua y Cultura Española “Carmen”.

Ademais de visitar a Casa do Concello de Tiflis, onde foron recibidos polas autoridades locais, están coñecendo os puntos máis destacados da cidade e outras localidades próximas, compartindo ideas e aprendendo xuntos. Unha viaxe que non só abre a mente, senón que tamén achega á mocidade á realidade dunha Europa diversa, cooperativa e máis humana.