
Fisterra está de loito. O barco perde a un dos seus armadores, Joaquín Fábregas, coñecido por todos como «Quinito do Dentón», un home que dedicou boa parte da súa vida ao traballo, ao mar e ao esforzo.
Coa súa marcha queda atrás toda unha vida ligada ao mar e á súa xente, pero tamén unha pegada difícil de borrar entre familiares, amigos e compañeiros. Desde hoxe, Quinito emprende unha nova travesía, mentres os que quedan manteñen viva a súa memoria.