
Corcubión. Veciños de Corcubión trasladan a súa preocupación polo estado dun muro situado na zona de Pallejeira, que presenta un importante deterioro e podería acabar derrubándose.
Os residentes reclaman a intervención do Concello de Corcubión e piden que os responsables municipais se acheguen á zona para comprobar a situación e adoptar as medidas necesarias para evitar posibles accidentes.
«Señores do Concello de Corcubión, xa que non contestan ao teléfono, poden pasarse por Pallejeira. Estase a derrubar un muro», denuncian os veciños, que consideran necesaria unha actuación urxente.
A preocupación dos residentes céntrase especialmente no risco que pode supoñer o posible desprendemento de parte do muro para as persoas que circulan ou pasan pola zona.
Os veciños agardan que o Concello atenda a súa reclamación e revise canto antes o estado da estrutura para garantir a seguridade na contorna.


