
Remata o curso organizado polo Concello cunha ruta especial en Caión na que participaron os dous grupos. O percorrido levounos desde a praza Eduardo Vila Fano polo sendeiro de Saldoiro ata Leira, desfrutando dunha xornada de convivencia, deporte, natureza e bo ambiente.
Ao longo destes meses, nas sesións semanais as persoas participantes aprenderon a técnica básica da marcha nórdica e descubriron diferentes rutas que poden continuar explorando dentro do termo municipal da Laracha.
