IMPULSANDO O SECTOR DA PATACA

Hoxe tivo lugar unha reunión entre o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, da Consellería do Medio Rural.

Durante o encontro abordáronse temas clave para o impulso do sector da pataca na comarca, así como a organización da Festa da Pataca de Coristanco, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que se celebrará en setembro.

Un paso máis na colaboración entre administracións para fortalecer un sector estratéxico para o rural galego.