Furelos revive o pasado coa celebración do seu Mercado de Época

A parroquia de Furelos, no concello de Melide, celebrou esta fin de semana unha nova edición do seu Mercado de Época, unha cita que permitiu aos asistentes gozar dunha xornada marcada pola tradición, a ambientación histórica e a participación veciñal.

As rúas de Furelos transformáronse durante a fin de semana para acoller esta celebración, que ano tras ano busca poñer en valor o patrimonio, a historia e a identidade da parroquia.

Desde o Concello de Melide quixeron expresar o seu agradecemento a todas as persoas que fixeron posible esta nova edición, cun recoñecemento especial aos veciños e veciñas de Furelos, pola súa implicación e colaboración no desenvolvemento das actividades.

A participación da veciñanza volveu ser un dos elementos fundamentais do Mercado de Época, contribuíndo a crear o ambiente festivo e tradicional que caracteriza esta celebración.

O Concello destacou así o compromiso de Furelos coa conservación e promoción das súas tradicións, ao tempo que agradeceu a colaboración de todas as persoas e colectivos que participaron na organización e celebración do evento.

Unha nova fin de semana na que Furelos volveu mirar ao pasado para manter viva a súa historia e compartir a súa tradición con veciños e visitantes.